Presentación

     A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de LUGO é unha corporación de dereito público, dotada de personalidade xurídica propia, que agrupa ás 6 confrarías de pescadores da provincia de Lugo: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e Vicedo.

     Foi constituída fai uns 30 anos, en xuño de 1.982.

     As súas principais funcións son:

  • Representar, xestionar e coordina-los intereses comúns das confrarías que a integran.
  • Actuar como órgano de consulta e colaboración coas Administracións Públicas na defensa e promoción do sector pesqueiro.
  • Contribuir a un mellor desenvolvemento socioeconómico no seu ámbito de actuación, especialmente, para lograr unhas mellores condicións de traballo e seguridade,  acorde cos tempos actuais.

     Ó igual que nas Confrarías de Pescadores, sempre manterá a representación paritaria entre o  sector económico (empresarial) e o sector social (traballadores).

     Os datos máis destacados son:

Número de afiliados: 1.346
Número de embarcacións:   198
Quilos descargados anuais de pesca fresca lonxa: 56.569.714 quilos  
Volume de facturación anual de pesca fresca: 120.170.402 euros

     A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo é a promotora deste proxecto “MAR de LUGO”, que conta co apoio da Consellería do Mar a través dunha axuda económica concedida baixo a Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira e financiados polo Fondo Europeo da Pesca.

 

 

 

Europa inviste na pesca sustentable
Cofinanciado Eixo 4 Fondo Europeo de Pesca 2007-2013